Ir o contido principal

Presentación dos XXV Encontros de Educación para a Paz

Os dereitos e as responsabilidades de nenos, nenas e adolescentes serán o eixo dos XXV Encontros de Educación para a Paz que este martes, 2 de marzo, se presentarán aos medios de comunicación ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participan no acto a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, e o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios.
A XXV edición dos Encontros, que se celebran ininterrompidamente en Compostela desde 1985, están organizados polo Seminario Galego de Educación para a Paz e dirixidos especialmente ao alumnado universitario, profesorado de infantil, primaria e secundaria, así como a nais e pais de familia. Neste caso analizarase, desde enfoques diversos, tanto a educación en dereitos como as responsabilidades que cada dereito conleva para o alumnado, as nenas, nenos e adolescentes.
A matrícula aínda está aberta e pode realizarse no web www.sgep.org ou telefonicamente en 981-561956. Na organización colaboran, ademais das tres universidades, a Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2010.