Ir o contido principal

Presentan no Colexio de Fonseca un estudo sobre a viabilidade do seguro de patentes en España

Presentan no Colexio de Fonseca un estudo sobre a viabilidade do seguro de patentes en España
Presentan no Colexio de Fonseca un estudo sobre a viabilidade do seguro de patentes en España

A vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, presidiu este luns 17 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a presentación do libro Viabilidade del seguro de patentes en España, froito dunha investigación desenvolvida pola técnico do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE), Elena Pérez Carrillo, e por Franck Cuypers, actuario xefe de Zurich Financial Services. No acto interviñeron ademais a directora da Oficina Española de Patentes e Marcas, Patricia García-Escudero; o patrono da Fundación Mapfre e da Fundación Alberto Elzaburu, Luis Hernando de Larramendi; o secretario xeral técnico da Xunta de Galicia, Borja Verea; o profesor ad honoremda USC e membro do Consello asesor da Fundación Alberto Elzaburu, José Antonio Gómez Segade, e a co-autora do estudo, Elena Pérez. A obra é un estudo orientado a facilitar o I+D de calidade, aplicable á industria das pequenas e medianas empresas así como dos investigadores universitarios. O traballo ofrece pautas para a introdución dunha póliza de patentes no mercado e propón un seguro que se adapte ás necesidades das pequenas e medianas empresas españolas que operan en sectores innovadores, nos que se logren resultados susceptibles de ser patentados e economicamente rendibles. Elena Pérez destacou na presentación que “os países máis competitivos como Estados Unidos e outros europeos como Dinamarca, Alemaña ou Reino Unido contan con este tipo de seguros para Peme e xa comprobaron a súa efectividade”. A adaptación deste produtos en España estará condicionada polo feito de que resulten asequibles para a pequena empresa e sinxelos de xestionar, tanto para a empresa como para a aseguradora, explicou a coautora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2014.