Presentan no edificio Emprendia o programa de axudas do IGAPE para novos emprendedores
O edificio Emprendia acolle este mércores 20 unha xornada informativa de presentación de axudas que o IGAPE ofrece a novos emprendedores. O xerente de IGAPE Nova, Guillermo Viña, presentará as liñas de actuación destas axudas e explicará o perfil dos/as destinatario/as, sectores aos que se dirixen, tipo de gastos subvencionables, prazos de solicitude e outras cuestións de interese.
A presentación está organizada polo programa Yuzz-Santiago coa colaboración da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC. Todas aquelas persoas que estean interesadas en asistir ou que desexen recibir máis información sobre a xornada, poden enviar un mail a yuzzsantiago [at] gmail.com (yuzzsantiago[at]gmail[dot]com).