Ir o contido principal

Presentan un estudo sobre a viabilidade do seguro de patentes en España

A vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, presidirá o vindeiro luns 17 ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a presentación do libro Viabilidade del seguro de patentes en España, froito dunha investigación desenvolvida pola técnico do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE), Elena Pérez Carrillo, e por Franck Cuypers. No acto intervirán ademais a directora da Oficina Española de Patentes e Marcas, Patricia García-Escudero; o patrono da Fundación Mapfre e da Fundación Alberto Elzaburu, Luis Hernando de Larramendi; o profesor ad honoremda USC e membro do Consello asesor da Fundación Alberto Elzaburu, José Antonio Gómez, e a co-autora do estudo, Elena Pérez. A obra é un estudo orientado a facilitar o I+D de calidade, aplicable á industria das pequenas e medianas empresas así como dos investigadores universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2014.