Preséntanse as bases da terceira edición dos Premios María Barbeito de Educación en Galicia
A vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante, e o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás, presentarán este venres, 4, en rolda de prensa a convocatoria da terceira edición dos Premios María Barbeito de Educación en Galicia. Será a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. En colaboración coa Consellaría de Educación, a Facultade compostelá e a Reitoría da USC convocan estes premios para recoñecer publicamente aquelas iniciativas, centros e investigacións psicopedagóxicas que polo seu valor e interese contribúan ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo así a innovación, a calidade educativa e a renovación pedagóxica.