Preséntanse en Vilagarcía de Arousa os cursos da USC no Campus de Verán desa vila
A Universidade de Santiago desenvolverá este ano cinco cursos de verán en Vilagarcía de Arousa, tres deles no mes de xullo e dous en setembro. Os seminarios deste Campus de Verán da USC presentaranse este martes, día 10, ás 12:00 horas na Casa do Concello da vila pontevedresa. No acto, no que se asinará o convenio correspondente, participarán o reitor Senén Barro e a alcaldesa Dolores García Giménez.
Asisten tamén a concelleira de Educación de Vilagarcía de Arousa, Mª Victoria Hierro Lorenzo; o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; e algúns dos directores dos cursos, os profesores Fernando Cobo, Melchor Fernández, Paula Outón e Raquel Castillejo.
A ictioloxía nas augas continentais, os mecanismos de cooperación policial e xudicial en España e con outros países, os resultados do mercado de traballo no século XXI en España, as vilas en renovación urbana e a dislexia serán os eixos sobre os que xiren os cinco cursos previstos.