Ir o contido principal

Preséntase no CiTIUS a spin-off da USC Cilenis

O co fundador e director de Cilenis, a spin-off da USC especializada en tecnoloxías da linguaxe, Isaac González, presentará oficialmente a empresa este venres 30 nun acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas no CiTIUS. Cilenis inclúe no seu catálogo diversas ferramentas lingüísticas que abranguen dende analizadores de sentimentos ata recoñecedores de entidades e conxugadores en diferentes idiomas, como o galego, o español, o portugués e o inglés. A compañía iniciou a súa actividade en 2011 como spin-off universitaria, gañando nese mesmo ano o Primeiro Premio como Proxecto Empresarial Innovador. En 2012, o empresario e analista económico Marc Vidal converteuse en socio de Cilenis, adquirindo parte da compañía a través da empresa IDODI Labs. O pasado ano Cilenis lanzou o portal de ferramentas lingüísticas Linguakit, que ofrece ao gran público os últimos avances en tecnoloxía lingüística. O seu proxecto estrela é Avalingua, un software de corrección automática que permite avaliar o nivel lingüístico de documentos escritos galardoado coa Mención de Honra no MIT Building Global Innovators 2013.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2015.