Preséntase a edición 2014 de Verán CampUSC para nenos e nenas
A Universidade de Santiago convoca 350 prazas nunha nova edición do Verán CampUSC, unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer que se celebrará durante os meses de xuño, xullo e setembro e que permitirá aos proxenitores de nenos e nenas de entre 3 e 13 anos conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións escolares. O vindeiro luns 21 presentarase en rolda de prensa os detalles da convocatoria, ás 11.15 horas na Sala de Prensa do Coelxio de San Xerome. Asistirán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.