Ir o contido principal

Preséntase unha nova edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presentará o mércores 18, ás 12:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, unha nova edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán. Participan tamén no acto o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; e o presidente e o vicepresidente da Sociedade Económica Amigos do País, Juan Bautista de la Salle Barreiro e Francisco Loimil, respectivamente.

Concibido co fin de poñer en valor o patrimonio histórico, documental e científico da Real Sociedade Económica de Amigos do País da Cidade de Santiago (RSEAP), a este premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período e motivo da creación desta sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2011.