Preséntase en Farmacia o curso de ‘Innovación 360º’ da Fundación da Innovación de Bankinter
O Salón de Graos da Facultade de Farmacia da USC acolle o vindeiro xoves 23 ás 16:00 horas a presentación do curso de Innovación 360º da Fundación da Innovación de Bankinter.
Incluído no proxecto Akademia-Universidade de Santiago de Compostela, este curso se basea nun método de ensino innovador, en formato integramente dixital, orientado á innovación do capital intelectual. O seu obxectivo é axudar a desenvolver as habilidades en innovación do estudantado, sensibilizando a este colectivo sobre a importancia da innovación como unha actitude necesaria para acadar vantaxes competitivas sostibles nas organizacións.