Preséntase en Historia a primeira edición do Master Universitario de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega
A primeira edición do Título Oficial de Master Universitario de Arquitectura da Paisaje Juana de Vega presentarase este martes, día 25, ás 12:30 horas na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia. No acto participarán o director do Departamento de Xeografía, Francisco Durán Villa; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo; e a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre de Urcola.
O máster, que organizan as Universidades de Santiago e A Coruña promovido pola Escola Galega da Paisaxe/Fundación Juana de Vega, correspóndese co que se viña impartindo dende 2006 como título propio de ambas as dúas Universidades.