Ir o contido principal

Preséntase no ILG o sexto volume do Atlas Lingüístico Galego

O volume VI Léxico. Terra, plantas e árbores do Atlas Lingüístico Galego, elaborado por investigadores do Instituto de Lingua Galega da USC (ILG) e editado conxuntamente pola USC e a Fundación Barrié, presentarase este mércores 13 ás 11:00 horas na Biblioteca do citado instituto (Praza da Universidade, 4).

No acto intervirán o reitor da USC, o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera; o coordinador do volume, Francisco Fernández Rei; o director do ILG, Ernesto Xosé González Seoane; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2016.