Ir o contido principal

Preséntase o libro Santiago de Compostela no século XVI. Libro de Ordenanzas de la Ciudad (1546-1583)

Santiago de Compostela no século XVI. Libro de Ordenanzas de la Ciudad (1546-1583) é o título do libro que este martes 19 se presenta ás 12.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome nun acto ao que asisten o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o alcalde da cidade, Ángel Currás; e o autor da publicación, Antonio Cepeda, profesor de Xeografía e Historia en educación secundaria e responsable da Área de Documentación do Museo Pedagóxico de Galicia. A Universidade de Santiago e o Consorcio colaboran unha vez máis na edición dun novo libro sobre a historia da cidade. Nesta ocasión, un exhaustivo estudo sobre a realidade social da Compostela do século XVI a partir do Libro de Ordenanzas do concello, que recolle todo tipo de elementos que configuran a realidade urbana da época: o abastecemento, os pesos e medidas e as condicións nas que se debían realizar a comercialización dos distintos produtos dan conta das normas de hixiene, seguridade e orde públicas, o urbanismo, a xestión da beneficencia ou as festividades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2013.