Ir o contido principal

Preséntase en Lugo un curso pioneiro sobre conservación da fauna silvestre

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, presentarán este xoves 11 ás 11:30 horas no Pazo de San Marcos o segundo ‘Curso de veterinaria en fauna silvestre. Recuperación de especies mariñas e terrestres’, que se desenvolverá na Facultade de Veterinaria do campus lugués os días 19, 20 e 21 deste mes.
Trátase da segunda edición deste curso, pioneiro en España, que organizan conxuntamente o Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da USC e a Sociedade Galega de Especialistas en Veterinaria de Fauna Salvaxe (VEFAS).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2010.