Ir o contido principal

Preséntase 'Maldito bastardo', a longametraxe do estudante da USC Javier Camino

Cartel de ¡Maldito Bastardo!
Cartel de ¡Maldito Bastardo!
A estrea oficial será este martes 20 ás 21:30 horas no Teatro Principal

Terror, comedia, violencia, surrealismo e sexo no primeiro filme do estudante de Comunicación Audiovisual na USC, Javier Camino. A película, de 82 minutos de produción independente, presentarase oficialmente este martes 20, ás 21:30 horas, no Teatro Principal. Logo, comezará a súa promoción en distintos festivais de xénero fantástico.
Tres anos tardaron en crear ¡Maldito bastardo! que, cun claro espírito de serie Z, pretende transportar ao espectador a un mundo surrealista cheo de crenzas e supersticións, monstros mecánicos e aberrantes criaturas, da man dun narrador senil.
Os actores principais son Pilar Miguélez, artista debutante e nai do director; Tamar Novas, Goya ao actor revelación por Mar adentro e estudante da USC; e o protagonista da historia, Juanillo Esteban, que vén de traballar en filmes como La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos. A longametraxe comezou cando aos 23 anos Álvaro Novo e Javier Camino fundaron Datura Films, a súa pequena produtora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2008.