Preséntase na USC o libro 'De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba'
O Colexio de Fonseca acolle este martes, día 6, a presentación do libro De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba, coordinado polos profesores Pilar Cagiao e Sergio Guerra, das Universidades de Santiago de Compostela e de La Habana, respectivamente.
Ao acto, que terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Prensa, asistirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre; e os coordinadores da obra.
A publicación, que xa foi presentada na recente Feira do Libro de La Habana, recolle unha serie de achegas realizadas por investigadores cubanos e galegos agrupadas en tres seccións: a emigración galega a Cuba, a Guerra Civil e o exilio político, e a relación con Galicia dalgúns intelectuais cubanos.