Ir o contido principal

Preséntase na USC o poemario inédito ‘Bretemada’, de Gonzalo López Abente

Entre 1917 e 1922 o poeta galego Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963) escribiu o poemario Bretemada, cuxo manuscritopermanecía sen publicar nos arquivos da Real Academia Galega. Foi a Fundación que leva o nome do escritor, de cuxo padroado forma parte a Universidade de Santiago, quen puxo fin a este esquecemento dando vida a un volume editado por Alvarellos e presentado recentemente en Muxía. O libro inédito de a quen se lle dedicara en 1971 o Día das Letras Galegas darase a coñecer na USC este xoves 23 ás 20.00 horas nun acto literario a celebrar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. Participan nel o vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente, Henrique Rivadulla; o editor Henrique Alvarellos; o profesor da USC Xosé Manuel Salgado; e Edelmiro Villar, encargado da edición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.02.2012.