Ir o contido principal

Preséntase a VII edición do Programa ConCiencia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares; o presidente do Consorcio de Santiago, Gerardo Conde Roa; e o profesor da USC Jorge Mira, presentarán este martes 10 en rolda de prensa a sétima edición do Programa Conciencia de divulgación científica. Será ás 12.00 horas na sede do Consorcio. ConCiencia traerá os próximos meses á cidade a figuras da máxima relevancia científica, que se suman aos vinte Premios Nobel, dous Premios Abel e un Turing que estes seis anos pasados mantiveron reunións científicas na USC con persoal investigador, encontros con medios de comunicación e pronunciaron unha conferencia pública de interese para o público xeral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2012.