Preséntase en Xeografía e Historia o libro Cuando las derrotas otorgan la victoria. Batallas perdida de un capitán de la Unión Militar Democrática
O Departamento de Historia Contemporánea e de América, coa colaboración do proxecto ‘Nomes e Voces’, organiza este martes 26 a presentación do libro Cuando las derrotas otorgan la victoria. Batallas perdida de un capitán de la Unión Militar Democrática, un traballo de Xosé Fortes Bouzán o ex militar fundador da Unión Militar Democrática en 1974. Na presentación, que se desenvolverá a partir das 19:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, participarán o director do Departamento, Lourenzo Fernández Prieto; o presidente do Consello da Cultura Galega, o catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villar; e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín. Nesta sesión, o autor da obra exporá unha análise do libre, o que dará paso a un breve debate.