Ir o contido principal

Preséntase este xoves o XX Festival de Teatro Universitario de Lugo, que se desenvolverá do 1 ao 9 de abril

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, presentarán este xoves, a partir das 11.30 horas, no salón de plenos do consistorio lucense a vixésima edición do Festival de Teatro Universitario, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

A coordinadora da Aula de Teatro da USC no campus de Lugo, Paloma Lugilde, tamén participará na presentación do XX Festival de Teatro Universitario de Lugo, que nesta edición presenta un programa con 11 funcións, ademais doutras intervencións máis curtas e ata un obradoiro de teatro. As distintas representacións programadas ao abeiro do XX Festival de Teatro Universitario de Lugo desenvolveranse do 1 ao 9 de abril nas instalacións do auditorio municipal Gustavo Freire e do Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2014.