Ir o contido principal

Presentouse no ILG un traballo que estuda o comportamento de estudantes galegos de diferentes niveis do italiano

Presentouse no ILG un traballo que estuda o comportamento de estudantes galegos de diferentes niveis do italiano
Presentouse no ILG un traballo que estuda o comportamento de estudantes galegos de diferentes niveis do italiano

A investigadora Manuela Frontera, da Università degli Studi della Calabria, presentou no Instituto da Lingua Galega o seu traballo ‘Falantes galegos fronte a sons italianos: percepción e produción de oposicións vocálicas e consonánticas’ Nel trata de predicir a capacidade de identificación e a categorización de oposicións fonolóxicas e fonéticas da lingua italiana como lingua estranxeira (L2) por parte de falantes de lingua galega como lingua inicial (L1). Preténdese comprobar o comportamento perceptivo e produtivo de estudantes de diferentes niveis de coñecemento e competencia lingüística do italiano. As oposicións examinadas son vocálicas (/e – i /, /o – u/ en posición átona final) e consonánticas (/b – v/, ), as cales se analizan nun corpus de palabras insertadas en contexto frasal, realizadas por nativos italianos (variedades do sur e do norte). Para as oposicións vocálicas empréganse palabras reais, para as consonánticas palabras sen sentido. Por cada oposición, os estudantes sométense primeiro a unha proba perceptiva de identificación, para logo producir e gravar as mesmas frases contidas no corpus dos nativos, que serán empregadas para as análises acústicas comparativas entre producións de nativos e de non-nativos. Polo que se refire ás oposicións consonánticas, prevese que os falantes de lingua galega, aínda que sexan capaces de discriminar os sons en oposición, terán dificultade para categorizar e producir distintamente oposicións de sons moi semellantes, tanto nativos como non-nativos. As oposicións vocálicas presentan unha dificultade maior na identificación e na categorización, excepto na produción concreta. No traballo de Manuela Frontera destaca ademais a creación dun corpus de italiano falado por estranxeiros. Así, mediante o proceso previo á análise, realizaranse gravacións de fala espontánea en italiano, que formarán parte da realización dun corpus de italiano L2 falado por persoas non-nativas, o cal terá moita utilidade nos procesos de aprendizaxe de adquisición do italiano por parte de persoas non-nativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2015.