Ir o contido principal

A ‘Presenza española no exterior’, a debate na USC

O congreso organizado polo Centro de Estudos Avanzados ten lugar o xoves 3 e o venres 4 en Santiago

A imaxe de España no exterior, a USC e a súa proxección ou a avaliación das políticas públicas a favor dos españois no exterior. Estes son algúns dos temas que se abordarán estes xoves 3 e venres 4 de febreiro no seminario ‘ Presenza española no exterior’ organizado polo Centro de Estudos Avanzados (Cea).

O congreso, que ten lugar na Sala de Debates do Cea (Finca Vista Alegre, rúa Salvadas s/n), será inaugurado ás 17:00 horas polo reitor da USC, Juan Casares; a secretaria de estado de Emigración e Inmigración, Anna Terrón; a directora xeral de Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin, e a responsable do Centro de Estudos Avanzados, María Xosé Rodríguez Galdo. O programa do xoves 3 inclúe unha análise sociodemográfica e das expectativas de retorno da cidadanía española no exterior por parte do equipo de investigación Ridhem/Cepam. Esta xornada péchase cunha mesa redonda sobre a ‘A imaxe de España no exterior. Axentes económicos e de economía social’, que coordina a decana Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez Rozas; e contará coa presenza de embaixador en Misión Especial para o Golfo Pérsico, Dámaso de Lario, e o secretario Xeral de FEEX, Miguel Ángel Vidal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2011.