Ir o contido principal

A presidenta e os asesores externos da ACSUG José Manuel Cabrera e Antonio Scala visitan este martes o campus de Lugo

A presidenta da Axencia pola Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Patrocinio Morrondo Pelayo, e os integrantes do consello de asesoramento externo do citado órgano universitario, o reitor da Universidade de Guanajuto e membro do comité asesor externo do Campus Terra da USC, José Manuel Cabrera, e o profesor do Departamento de Medicina Veterinaria da Universidade de Sassari (Cerdeña), Antonio Scala, visitarán este martes, a partir das 10.00 horas, o campus de Lugo.

Os vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente, ofrecerán unha recepción institucional na Vicerreitoría de Coordinación aos integrantes desta delegación da ACSUG, que logo farán un percorrido por distintas instalacións e servizos do campus universitario de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2016.