Ir o contido principal

O presidente da Comisión Nacional da Competencia clausura unhas xornadas en Económicas

Luis Berenguer Fuster acompañado da decana Maite Cancelo na súa intervención en Ciencias Económicas
Luis Berenguer Fuster acompañado da decana Maite Cancelo na súa intervención en Ciencias Económicas
Luis Berenguer intervirá este mércores no marco das xornadas sobre a nova Lei de Defensa da Competencia

O presidente da Comisión Nacional da Competencia, Luis Berenguer Fuster, clausurou este mércores, día 12, unhas xornadas que se levan desenvolvendo dende o pasado mes de novembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organizadas conxuntamente co Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
Berenguer interveu na clausura desta xornadas sobre a Lei de Defensa da Competencia na Aula B do centro cunha conferencia na que, dende unha perspectiva xurídica, abordou os cambios que introduce a nova lei e o impacto que poden ter sobre a competencia en España.
Luís Berenguer, que exerceu como avogado especialista en dereito mercantil, foi deputado nas Cortes Xenerais participando como ponente na reforma da lexislación mercantil. Foi tamén conseller de Administración Pública e portavoz de Goberno da Generalitat de Valencia, membro do Comité de Rexións, vogal e vicepresidente do Tribunal de Defensa da Competencia, deputado no Parlamento Europeo e presidente da Comisión de Industria, Comercio Exterior, Investigación e Enerxía.
Nutrido grupo de expertosCo relatorio de Berenguer complétase o ciclo de intervencións no que participaron, entre outros, o director xeral de Política Comercial do Ministerio de Industria e Comercio, Ignacio Cruz Roche; o presidente do Tribunal catalán de Defensa da Competencia, Lluís Franco i Sala; e o director asociado de NERA Economic Consulting, Fernando Jiménez La Torre.
Ao longo das xornadas analizáronse diversos aspectos relacionados coa competencia como o papel dos órganos autonómicos, o enfoque económico, o sector comercial e algún caso práctico como o da concertación de prezos das autoescolas dun municipio catalán. Tratábase deste xeito de profundar na función dos economistas nas actuacións levadas a cabo na defensa da competencia, o que abre un campo de traballo “moi interesante” para os alumnos de Economía e Administración e Dirección de Empresas, como puxeron de manifesto os organizadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2007.