Ir o contido principal

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia visita este xoves o edificio Cactus do campus de Lugo

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), quen tamén vén de ser nomeado vogal da nova Cámara de Comercio de España en representación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), José Manuel Fernández Alvariño, realizará este xoves, a partir das 10.00 horas, unha visita institucional ao edificio Cactus do campus de Lugo.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC, Andrés Barreiro, e o vicerreitor de Coordinación da sede universitaria luguesa, Javier Bueno, aproveitarán a visita de Fernández Alvariño ao campus para, ademais de amosarlle algunhas das principais infraestruturas e equipamentos científicos de que dispón a USC en Lugo, informarlle das liñas de investigación que se está a desenvolver na sede universitaria luguesa e dos potenciais servizos e contribucións que pode prestar.

O presidente da CEG estará acompañado na súa visita ao campus de Lugo do conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o presidente da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e xerente da empresa Alibos, Jesús Quintá García, así como por Miguel Varela Varela, vogal da confederación empresarial luguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2014.