Ir o contido principal

O presidente do Consello Asesor de Saúde da cidade de Bos Aires visita o luns a USC

O presidente do Consello Asesor de Saúde de Bos Aires e ex ministro de Saúde desa cidade autónoma, Jorge Daniel Lemus, reunirase este luns, 2 de setembro, co reitor da USC Juan Casares. O acto terá lugar ás 13.30 horas no despacho reitoral e a el asiste tamén o decano da Facultade de Medicina da USC, Juan Gestal, que previamente (ás 10.00 horas) o recibirá no decanato do seu centro para programar actividades conxuntas para este curso. Nesa visita á Facultade o epidemiólogo e sanitarista de orixe galego aproveitará para percorrer as instalacións, con especial atención ao laboratorio de habilidades e aulas de simulación médica básica e avanzada da Cátedra de Educación Médica. Lemus estará acompañado por María Carmen Lucioni, docente da Cátedra de Saúde Pública da Facultade de Medicina da Universidade de Bos Aires e directora do Doutoramento en Saúde Pública Catedrático de Saúde Pública das Universidades de Bos Aires, USAL e UCES, o profesor Lemus acadou recentemente o nomeamento ‘Mestre da Medicina’ que concede a prensa médica arxentina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.08.2013.