Ir o contido principal

O presidente da Xunta inaugura este martes os actos do corenta aniversario da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurará este martes, día 20, os actos conmemorativos do corenta aniversario da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A conferencia, titulada ’40 aniversario da apertura da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: modernización económica, un reto a prol de Galicia’, terá lugar ás 12:00 horas na Aula A do centro.
A intervención de Pérez Touriño, que ademais servirá de acto inaugural do curso académico da Facultade, xirará en torno ao papel clave que os economistas galegos xogaron hai corenta anos na administración económica contribuíndo dese xeito ao desenvolvemento do país. Explicará tamén a súa relevancia na época actual de converxencia con Europa.
O programa de actividades de celebración dos corenta anos do centro compostelán inclúe diversas xornadas, conferencias e reunións cos antigos decanos, entre outras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2007.