Ir o contido principal

Preto de 130 Erasmus da USC participan en Vigo no acto '20 anos de Erasmus. Terasmus: a festa dos Erasmus na terra'

Preto de 130 estudantes Erasmus que actualmente cursan estudos na Universidade de Santiago, xunto a alumnos de intercambio das tres universidades galegas, participarán este martes, día 15, no acto ’20 anos de Erasmus. Terasmus: a festa dos Erasmus na terra’.
O programa da xornada comezará ás 14:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo onde os estudantes serán recibidos polos vicerreitores de Relacións Institucionais de Vigo e Santiago, Iván Area Carracedo e Lourenzo Fernández Prieto, respectivamente, e polo secretario xeral da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Carril.
A xornada inclúe unha visita ao Campus vigués e a sesión ‘Xogando coa tradición na Universidade’ cun parque de xogos tradicionais organizado por Altega no campo de Rugby. A visita rematará cun concerto de Heissel no Teatro Vidal Bolaño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2007.