Ir o contido principal

Preto dun cento de persoas benefícianse das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior para cursar un mestrado na USC

Un total de 200 mozos/as procedentes de 19 países obtiveron unha bolsa BEME na convocatoria de 2021. FOTO: Xunta de Galicia
Un total de 200 mozos/as procedentes de 19 países obtiveron unha bolsa BEME na convocatoria de 2021. FOTO: Xunta de Galicia
En total, 53 mozos e mozas estudarán en Compostela e 19 farano no Campus de Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

O reitor Antonio López participou este venres 17 nun encontro cos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) xunto cos reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. En total, 72 mozos e mozas poderán cursar estudos na USC a través da convocatoria 2021 destas axudas, 53 farano en Compostela e 19, no Campus de Lugo. As bolsas BEME permiten cursar determinados estudios de mestrado nunha universidade galega e están dirixidas a galegos/as que residan no estranxeiro.

No conxunto do Sistema Universitario de Galicia, un total de 200 mozos/as procedentes de 19 países obtiveron unha bolsa BEME na convocatoria de 2021. Deles, 25 son galegos que emigraron fóra da comunidade e os 175 restantes son fillos, netos, bisnetos ou tataranetos de emigrantes galegos. A idade media dos bolseiros desta última convocatoria foi de 29 anos e Arxentina, España, Venezuela, Brasil, Uruguai e Cuba foron os países de orixe con máis beneficiarios. Dende 2017, este programa permitiu que 1.150 mozos/as galegos/as que viven no exterior ou descendentes de galegos regresasen á Galicia para estudar un mestrado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2022.