Ir o contido principal

A primeira NerdNite de 2014 mesturará prehistoria, física e dereito

Cartel da xornada do próximo día 4 de febreiro
Cartel da xornada do próximo día 4 de febreiro

Meu pai é un neandertal... ou non?, a física do divorcio e o dereito no planeta dos simios son as reflexións nas que este martes 4 de febreiro se mergullarán quen acuda a unha nova sesión das NerdNite. O encontro comezará ás 22.00 horas na Nave de Vidán. Para desenvolver estes temas, participarán o catedrático de Prehistoria Ramón Fábregas; o vicerreitor de Investigación e Doutoramento da Universidade Andrés Bello (Chile), Andrés Gomberoff; e a profesora de Dereito Civil da USC Belén Trigo. Nerd Orixinalmente, as NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde expertos dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2014.