Ir o contido principal

A primeira promoción en Galicia con título de Master Oficial en Turismo celebra este venres a clausura do curso

O Programa Oficial Interuniversitario en Dirección e Planificación do Turismo da USC celebra este venres, día 26, o acto de clausura. Trátase da primeira promoción en Galicia con título de Master Oficial en Turismo, que acredita para desenvolver actividades do máis alto nivel tanto nas empresas do sector como nos distintos ámbitos de decisión da administración pública.
O acto comezará ás 17:30 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cunha conferencia do director do Hostal dos Reis Católicos, Julio Castro Marcote, titulada ‘Planificación estratéxica dunha empresa hoteleira’.
Presidida polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Maximo Plo, á clausura asisten ademais o subdirector xeral de Ordenación do Turismo, Xavier Valiño; a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Teresa Cancelo; e a coordinadora do POP, María Luisa del Río.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2008.