Ir o contido principal

Primeira saída do programa ‘Camiño ao Gaiás’ este mércores

Logo de iniciarse a pasada semana o programa de rutas en bicicleta ‘Rodando ao Gaiás’, este mércores 4 dan comezo as saídas a pé ata a Cidade da Cultura que organiza a Fundación USC Deportiva. ‘ Camiño ao Gaiás’ ofrece un percorrido de 6 quilómetros desde a praza de San Roque e unha visita guiada ás instalacións deseñadas por Peter Eisenman. A actividade, gratuíta previa inscrición, realízase todos os mércores de xullo, agosto e setembro a partir das 17.30 horas. A actividade non está recomendada para menores de 10 anos. Verán CasmpUSC A Fundación USC Deportiva informa de que aínda quedan prazas nas últimas quendas do Verán CampUSC correspondentes aos períodos do 16 ao 20 de xullo, do 23 ao 31 de xullo e do 3 ao 11 de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2012.