Ir o contido principal

Profesionais de Ciencias da Saúde actualizan coñecemento no máster en Críticos

As sesión teóricas comezan este xoves 14

A segunda edición do máster en Críticos arrancará este xoves 14 orientado á posta a punto dos profesionais de Ciencias da Saúde con responsabilidade na atención a pacientes ingresados en unidades de Urxencias, Coidados Coronarios e Intensivos de adultos, Transplantes, Reanimación, Hematoloxía, Neonatos e Coidados Intensivos Pediátricos. O acto inaugural celebrarase a partir das 17:00 horas na Aula 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago coa asistencia, entre outras autoridades, da directora do curso, a profesora Amalia Puga. Previamente, ás 16:30 horas, a xerente do Sergas, Rocío Mosquera, pronunciará a primeira das intervencións deste posgrao falando sobre as unidades de xestión clínica. Completarán o programa da primeira sesión dúas mesas redondas nas que profunda na estrutura, organización, calidade e humanización das unidades de urxencias, coronarias, UCI, Reanimación, UTAB, TTPH e Neonatos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2010.