O profesor César Domínguez, nomeado catedrático honorario da Universidade chinesa de Sichuan

O profesor de Literatura Comparada e titular da Cátedra Jean Monnet ‘A Cultura da integración europea’ da USC, César Domínguez, acaba de ser nomeado catedrático honorario da Universidade de Sichuan (China) polas súas achegas no ámbito da literatura comparada. O acto de nomeamento celebrouse no transcurso do sétimo Sino-American Comparative Literature Symposium, no que o profesor Domínguez impartiu as conferencias ‘Walter Scott across World-Literatures’ e ‘Small/Minor literatures’, ademais de participar nunha mesa redonda sobre literatura comparada na idade dixital.
Dende comezos deste mes, o profesor Domínguez participa como profesor convidado na Universidade de Sichuán nun programa de inmersión cos seminarios ‘Readings in world literature’ e ‘ Translating cosmopolitanism’ e nos que se teñen matriculado arredor de 350 estudantes. O programa de inmersión é unha iniciativa iniciada en 2012 que imparten profesores das universidades máis destacadas do mundo. Esta é a primeira vez que se nomea catedrático honorario un docente dunha universidades española.
Ademais das dúas conferencia no simposio, participa no programa de inmersión con dous seminarios para 350 estudantes