Ir o contido principal

O profesor Francisco Javier Otero Espinar presidirá a Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica

O profesor Francisco Javier Otero Espinar presidirá a Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica
O profesor Francisco Javier Otero Espinar presidirá a Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica

O profesor do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Francisco Javier Otero Espinar acaba de ser elixido presidente da Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica (SEFIG). O nomeamento decidiuse na asemblea xeral na que se renovou parcialmente a xunta directiva para os vindeiros catro anos. O profesor Otero Espinar xa formara parte anteriormente da xunta directiva de SEFIR como secretario durante o período comprendido entre 2004 e 2008.

A SEFIG é unha sociedade científica que agrupa a farmacéuticos/as e outros titulados/as superiores que realizan actividades de investigación e desenvolvemento galénico, fabricación e control de calidade, docencia ou investigación nos campos da tecnoloxía farmacéutica, a biofarmacia e a farmacocinética, vinculados á industria farmacéutica, a centros de ensino universitario ou a institucións sanitarias.

Francico Javier Otero pertence ao grupo de investigación en sistemas de liberación de medicamentos e immunoparasitoloxía de zoonoses protozoarias de transmisión hídrica e actualmente dirixe o departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2016.