Ir o contido principal

O profesor García Menéndez achega novos puntos de vista arredor da Economía nos seus dous últimos libros

O profesor García Menéndez achega novos puntos de vista arredor da Economía nos seus dous últimos libros
O profesor García Menéndez achega novos puntos de vista arredor da Economía nos seus dous últimos libros

Crítica de la razón económica e Teoría de juegos y economía internacional son os dous novos libros que acaba de presentar o profesor de Economía Aplicada José R. García Menéndez. No primeiro caso e ao longo de dos volumes, García Méndez sitúa no centro do debate á Economía na súa dobre vertente científica e de aplicación, “sometida a un complexo interrogatorio coas restricións e, tamén, coa riqueza de múltiples dimensións substanciais nunha controversia en Ciencias Sociais”. O primeiro volume abarca os diferentes itinerarios de conformación filosófica e de historia do pensamento que fundamentan a Economía como “un poliedro de múltiples caras de tipo científico, ideolóxico ou persuasivo”. No segundo, o referente recae no rol que cumpre a ciencia básica e aplicada como revelación e ferramenta da reprodución dunha determinada orde socioeconómica sistémica. Polo que respecta a Teoría de juegos y economía internacional o texto se presenta como un estudo de casos en Europa e América Latina respecto do proceso de globalización e coordinación de políticas públicas en procesos de integración. Segundo o autor, a teoría de xogos se presenta máis alá dun campo de aplicación matemática, pudendo representar un instrumento de interese para o ‘policy maker’ de cara a atopar escenarios alternativos de cooperación ou rivalidade nos que se estimen beneficios e custes das políticas económicas implementadas. García Menéndez

É profesor de Teoría da política económica, Política económica internacional, América Latina: economía e sociedade; e de cursos de posgrao sobre o panorama socio-económico de América Latina. Os dous novos títulos súmanse a unha bibliografía na que xa se atopaban outros sete títulos previos, catro capítulos de libros e 150 artigos sobre aspectos metodolóxicos e teóricos de política económica e de estudo de casos aplicados con especial referencia á economía latinoamericana, publicados en revistas especializadas do seu ámbito entre 1980 e 2010.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2012.