Ir o contido principal

O profesor do Instituto de Tecnoloxía de Florida Ravi Agarwal imparte unha conferencia en Matemáticas

O profesor Ravi Agarwal, do Instituto de Tecnoloxía de Florida, atópase estes días realizando unha visita á USC, onde este xoves 22 impartirá a conferencia ‘Singular integral equations with real world applications’. A sesión celebrarase a partir das 12:00 horas na Facultade de Matemáticas.

Catedrático na King Fahd University of Petroleum and Minerals, o profesor Agarwal é un dos científicos máis salientable no campo das matemáticas e a computación e as súas aplicacións. Ten colaborado con máis de 200 investigadores e, en particular, con profesores do grupo de Investigación de Ecuacións Diferenciais Non Lineares do Departamento de Análise Matemática da USC, en concreto, coa profesora Mª Victoria Otero Espinar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2010.