O profesor James Buckley, especialista en planificación urbana do MIT, visita a USC
O grupo de investigación Gist. Idega da USC recibe dende este venres 17 e ata o 21 de abril a visita do profesor James Buckely, do Massachusetts Institute of Technology (MIT, Boston-Estados Unidos), especialista en planificación urbana e desenvolvemento económico con ampla experiencia na xestión de políticas de vivenda social na Badía de San Francisco, en California. Durante a súa estadía, financiada por la Fundación Fulbraight, manterá contactos con estudantes do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio e dos Másters en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial e en Sociedade da Información e do Coñecemento, así como con investigadores do Gist. Idega. En concreto, o luns 20 o profesor Buckley impartirá seminarios sobre a planificación urbana e rural na Badía de San Francisco e as liñas de investigación do Urban Planning Department do MIT.