O profesor Jorge Mira, medalla de ouro dos 50 metros libres do Campionato de Galicia de Natación na categoría Máster
Tamén acadou un bronce na proba de 200 metros libres
O profesor da USC Jorge Mira, nadador do Clube Deportivo Universitario de Santiago, conseguiu esta fin de semana en Pontevedra subirse ao máis alto do caixón na proba dos 50 metros libres do Campionato de Galicia de Natación na categoría Máster (veteranos) baixo a modalidade Open, aberta á participantes de fóra de Galicia.
Na competición, na que se participaron preto de 150 deportistas de 18 clubes de Galicia e comunidades autónomas limítrofes, o profesor Mira tamén acadou unha medalla de bronce nos 200 metros libres.