Ir o contido principal

O profesor Juan José Torres Labandeira tomará posesión este mércores como decano da Facultade de Farmacia

O profesor do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Juan José Torres Labandeira tomará posesión este mércores, día 23, do seu cargo como decano da Facultade de Farmacia da USC.
O acto protocolario celebrarase a partir das 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, para o que o Consello de Goberno interrumpirá a xuntanza que tamén celebra este mércores. Completan o equipo decanal os profesores José Ángel Fontenla e Mª Isabel Sánchez, como vicedecanos, e Perfecto Paseiro como secretario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2008.