O profesor Lachlan Mackenzie impartirá no CEA un seminario sobre o desenvolvemento de proxectos no ámbito das Humanidades

A próxima sesión do Foro CEA ‘ Memoria, identidade, mundo. O desafío das Humanidades’ traerá a Compostela o profesor Lachlan Mackenzie para o seminario ‘Design and award Criteria for European Union Projects: A Guide to the Maze’. Esta sesión celebrarase o mércores 17 a partir das 11.30 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados e na súa organización colabora o grupo Variación, cambio lingüístico e gramaticalización.
A intervención encádrase na consideración dos contextos institucionais da investigación en Humanidades no ámbito europeo, e particularmente sobre o marco para a solicitude e desenvolvemento de proxectos de investigación nese campo. O profesor Lachlan Mackenzie realizou os seus estudos de doutoramento na Universidade de Edimburgo, desenvolvendo a súa carreira profesional no Países Baixos. Entre 1987 e 2004 ocupou a Cátedra de Lingüística Funcional da Universidade Libre de Amsterdam. Dende 2005 é catedrático honorario, compaxinando as súas actividades co posto de director de investigación no Instituto para a Lingüística Teórica e Computacional de Lisboa, unha entidade asociada á Fundación Portuguesa para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Lisboa a Nova Universidade de Lisboa.
O acceso será libre e expedirase xustificante de asistencia a quen así o solicite.