Ir o contido principal

O profesor Lois Ferradás tomará posesión este martes como decano de Ciencias da Educación

Resultou reelixido o pasado mes de novembro

O reitor Juan Casares presidirá este martes 8 o acto protocolario de toma de posesión do profesor Lois Ferradás como decano da Facultade de Ciencias da Educación. A sesión celebrarase a partir das 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Lois Ferradás resultou reelixido decano da Facultade de Ciencias da Educación no transcurso dunha Xunta de centro celebrada o pasado mes de novembro na que obtivo 51 votos a favor, 14 en contra, e 13 en branco. Formarán parte do equipo decanal Elena Fernández Rey, como vicedecana de Organización Académica; Anxo Porto Ucha, de Asuntos Económicos, Infraestruturas e Servizos; Xesús Rodríguez, como vicedecano de Calidade, de Medios Tecnolóxicos, de Mobilidade e de Cultura; Xulio Rodríguez, coordinador do Máster de Profesorado de Educación Secundaria; e Rita Gradaílle, como secretaria. Lois Ferradás Blanco Lois Ferradás Blanco é profesor na área de Didáctica e Organización Escolar. As súas investigacións céntranse no estudo das boas prácticas docentes na Universidade e nas escolas. Antigo mestre de educación infantil foi, con anterioridade, director da Escola de Maxisterio de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2011.