Ir o contido principal

O profesor Pedro López Barja impartirá unha conferencia no University College London

O profesor do Departamento de Historia I Pedro López Barja de Quiroga impartirá este mércores 8 unha conferencia no Instituto de Estudos Avanzados do University College London co título ‘Taking Sides in the Civil War (49-44 BC): Fear, Memories and High–Sounding Words’.

O profesor López Barja é titular de Historia Antiga da USC e entre 2002 e 2003 investigador visitante no Wolfson College de Oxford. As súas liñas de investigación céntranse no estudo da manumisión e o caso dos escravos romanos liberados pero sen acceder a cidadanía romana, así como na mobilidade social dos libertos romanos. Outros ámbitos que explora son o antigo pensamento político, especialmente Aristóteles e Cicerón e a epigrafía xurídica romana.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2016.