O profesor Rubén Lois participa en China nunha conferencia internacional sobre economía do medio mariño

O catedrático da área de análise xeográfica rexional do Departamento de Xeografía da USC, Rubén Lois, asiste estes días en China como relator convidado a unha conferencia internacional sobre economía mariña que organiza a Universidade Zhejiang. Neste encontro o profesor Lois, que acaba de ser nomeado director do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, interveu como experto, acompañado de María Ángeles Piñeiro-Antelo, cunha conferencia sobre a actividade pesqueira e o modelo de pesca sustentable.