Ir o contido principal

O profesor de La Sapienza Mario Amendola fala en Económicas de innovación e crecemento

O profesor da Universidade de Roma La Sapienza Mario Amendola intervén esta semana no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación que coordina na USC Xavier Vence. Amendola pronunciará varias conferencias abertas ao público no salón de graos da Facultade de Económicas, comezando pola deste luns 14 ás 17:00 horas titulada ‘Innovación e crecemento’, cuestión na que continuará profundando o mércores 16 á mesma hora. Ese mesmo día ás 19.00 horas presentará o seu libro Capitalismo e cohesión social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2012.