Ir o contido principal

O profesor de La Sapienza Mario Amendola fala en Económicas de tecnoloxía e recursos humanos

O profesor Mario Amendola, da Universidade de Roma ‘La Sapienza’, imparte este venres, día 14, unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. A súa intervención terá lugar ás 12:00 horas na aula 26 do centro e leva por título ‘Tecnoloxía e recursos humanos: unha análise desequilibrada’.
Mario Amendola conta cunha ampla experiencia tanto docente como investigadora no ámbito do crecemento económico e do cambio estrutural. As súas contribucións máis relevantes céntranse na explicación dos modelos dinámicos de crecemento e as súas vantaxes respecto dos enfoques tradicionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2008.