O profesor Steve Carver disertará en videoconferencia sobre Sistemas de Información Xeográfica Participativos
O profesor do Departamento de Xeografía da Universidade Leeds (Reino Unido) Steve Carver participa este mércores 28 nunha videoconferencia na que falará sobre Sistemas de Información Xeográfica Participativos, particularmente sobre a cuantificación da percepción ambiental nos problemas espaciais.
A sesión celebrarase a partir das 17:00 horas no edificio CACTUS do Campus de Lugo e encádrase dentro do Seminario sobre sociedade da información e información xeográfica que se desenvolve ao longo do mes de decembro. A asistencia a este acto é libre.