Ir o contido principal

O profesor da USC César Domínguez falou sobre Universidade Corporativa en China

O profesor de literatura comparada e titular da Cátedra Jean Monnet ‘A cultura da integración europea’ da USC, César Domínguez, participou na súa condición de membro da Academia Europea de Humanidades, Letras e Ciencias, no Encontro Internacional ‘Humanities and Social Sciences, Globalization, and China’ na Universidade de Tsinghua en Pequín. A conferencia de César Domínguez versou sobre a ‘Universidade corporativa’ e a internacionalización a través da captación de estudantes chineses interesados pola aprendizaxe do castelán, unha situación da que está a participar a USC moi recentemente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2014.