Ir o contido principal

O profesor da USC José Luis Carro ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

O catedrático de Dereito Administrativo da USC, José Luis Carro Fernández-Valmayor, ingresou o pasado venres na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Liexislación. No seu discurso de ingreso perfilou a traxectoria histórica da potestad normativa da Administración. O profesor Carro recibiu recentemente do Ministerio de Xustiza a Cruz de Honor da Orde de San Raimundo de Peñafort, que se lle concede a aquelas persoas que contribuíran de forma destacada ao desenvolvemento e perfeccionamento do Dereito, á obra lexislativa e de organización do Estado e sexan autoras de publicacións de carácter xurídico de relevante importancia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2012.