Ir o contido principal

O profesor Vinay Nadkarni visitou as novas instalacións da Unidade de Educación Médica de Medicina

O profesor Vinay Nadkarni visitou as novas instalacións da Unidade de Educación Médica de Medicina
O profesor Vinay Nadkarni visitou as novas instalacións da Unidade de Educación Médica de Medicina
Nadkarni atópase entre os mellores expertos do mundo en simulación pediátrica e reanimación cardiopulmonar

O profesor Vinay Nadkarni, director do Centro de Simulación e Innovación do Hospital de Nenos de Filadelfia, visitou as novas instalacións da Unidade de Educación Médica da Facultade de Medicina. A Nadkarni, un dos mellores expertos do mundo na área da simulación pediátrica e a reanimación cardiopulmonar, recibiuno na Facultade de Medicina o seu decano, Juan Gestal, que lle mostrou as dependencias da unidade cuxa construción e dotación acaba de finalizar. O profesor nos Estados Unidos destacou a importancia da simulación na educación médica de pre e posgrao e felicitou ao decano “polas magníficas instalacións coas que se dotou a Facultade de Medicina”. Na visita acompañáronos o profesor Antonio Rodriguez, ucista pediátrico no CHUS, e o responsable da dirección das obras, Fernando Tabernero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2013.